titular benvidos
volver ao inicio
galeria
Coloca no noso logo
<a href="http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/index.php" target="_blank"> <img src="http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/img/logo_peque.gif" alt="elogo" width="120" height="106" border="0" /></a>
Os arrolos e versos infantís tradicionais que tes nas mans pertencen á memoria colectiva que os pais e as nais lles foron transmitindo con agarimo ás fillas e aos fillos. Coas palabras, coas cantarelas para durmir ou cos enredos das mans vai tamén afecto e axuda para descubrir o mundo, acougo para adormecer e motivación para espertar os sentidos.
Os primeiros xogos coas palabras son unha vivencia esencial da cultura que compartimos e unha aprendizaxe para pequenos e grandes, unha maneira de crear lazos de unión entre pais/nais e fillos/as, entre onte e mañá.

Boa parte das coplas que se recollen nestas follas
foron extraídas dos seguintes libros:
Cando o rei por aquí pasou.
Libro do folclore infantil galego, de Palmira G. Boullosa. Xerais. Vigo, 1997.
Cancioneiro escolar galego. Vente vindo, ven cantando.
De Manuel Rico Verea. Fontel edicións. A Coruña, 1996.

Estas coplas iniciarán, de maneira lúdica, o neno ou a nena na lingua galega, nos ritmos, na rima, na psicomotricidade. Esperamos que as recitedes con moito agarimo.

Ver xogos