titular benvidos
volver ao inicio
galeria
Coloca no noso logo
<a href="http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/index.php" target="_blank"> <img src="http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/img/logo_peque.gif" alt="elogo" width="120" height="106" border="0" /></a>

As "anénotas"!

« 0 1 2 »
Riquiña
Enviado por: Rebeca o 14:34:14 06/02/2009

Hai tempo fun coñecer a afillada do meu mozo. O caso é que é unha nena de 3 anos e cando a vin díxenlle o típico que se comenta nestes casos:

-Ai, pero que riquiña é esta nena!

E nisto que me solta.

- Si, para rico o padriño, que sempre que me ve me da cartos para chuches.
eu falo robot
Enviado por: lucía o 11:31:17 05/02/2009

Sofía ten dous anos e medio, un pai que lle fala galego e unha nai que lle fala en castelán. Probando para ver se xa se daba conta das diferencias, expliqueille:

-Sofía, ti sabes que mama fala en castelán e que papa fala en galego. Que fala Sofía?

-Robot

Eu espero que fale os dous, claro, pero dende logo a resposta indica que galega é.
NON QUERO DURMIR SÓ
Enviado por: brais garcía pavón o 17:53:44 22/01/2009

Estaba Brais a razoar co seu irmán tratando de convencelo de que o mellor lugar para durmir era a cama dos pais: a súa habitación non lle gustaba. Borja argumentoulle que el durmía só e que os nenos de catro anos xa son maiores e teñen que ir tamén para a súa camiña. Brais quedou un anaco calado e logo dixo: "e por que papá e mamá durmen xuntos?"
�s olivas poñenlle óso
Enviado por: Fernanda Martín Salas o 14:46:55 20/01/2009

Antón de 3 anos comentoume o outro día que hay uns señores que lle poñen óso a unhas olivas e a outras non. Él prefire as que non lle poñen óso.
En outra ocasión indo pola rúa díxenlle: ¡espera que  che caen os mocos! e él respostou si, é de tanto comer sopa ¿?

Saudos
Pinocho, de madeira a carne e óso
Enviado por: Maria o 10:43:06 12/12/2008

Repasando con Suso (4 anos) oooooooooutra vez o conto de Pinocho, chegamos ao punto en que a fada o transforma de neno de madeira a neno de...

Nese punto do conto, deixei puntos suspensivos para que el os completase, xa que lle explicara en ocasións anteriores o que significaba a expresión "de carne e óso". Vese que el non a lembraba, aínda que si conseguía asociala a outra idea máis familiar para el. Respondeume:
"de polo!"
A novia
Enviado por: Nuno (3 anos) o 18:45:40 05/12/2008

O meu fillo entrou pola porta hai uns días triste de todo.

-  Mamá, Lola non me quere de novio.
- Quen cho dixo?
- Alejandra.

Como ten tres anos, a conversa non me cadra.
- Pero, que che dixo?
- Que Lola non me quere de novio.
- Pero, home, que é novio?
- Que?
Faise o despistado, buscando que llo diga eu.
- Non, dimo ti.
E acláramo:
- Novio é... como un muíño grande das festas.
- Como a noria?
- Si, novio, como a noria.

E respiro alviada.

Unha volta á frase feita
Enviado por: Nuno (3 anos) o 18:33:18 05/12/2008

Chego onda Nuno despois dun día longo de traballo e chucho nel morriñenta:
- Oooola. Hoxe tardei porque  tiven moito traballo e non podía vir.... e boteite moito de menos.
E contéstame cheo de razón:
- Siii. E agora viñeches e bótasme moito de máis!
Lindas palabras inventadas: salpingar
Enviado por: Nuno (ano e medio) o 18:10:45 05/12/2008

Este verbo naceu un día de vento e auga en Porto do Son.
Levabamos a Nuno pequecho (aínda non fixera os dous anos) e puxémonos a mirar para o mar bravo desde un alto. O vento trouxo o final dunha onda e Nuno advertiunos:
- O mar salpinga.
O outro día o meu sobriño...
Enviado por: Antón Castro. 4 anos o 12:24:36 05/12/2008

O outro día o meu sobriño preguntoume:

- Tío, a profesora de relixión estanos a ensinar quen é a virxe

  María o neno Xesús... pero quen é Santi?

-  Como quen é Santi, non che entendo?

- Si, tío, a profe fala de Santi-ficado, e non sei quen é?
Estaba o outro día falando co...
Enviado por: Gonzalo Ã?lvarez. 4 anos o 12:23:40 05/12/2008

Estaba o outro día falando co meu sobriño polo móbil e puxemos o mans libres para que a miña noiva puidese tamén falar con el e díxonos:

Pero... canta xente hai aí dentro!!!!
« 0 1 2 »