titular benvidos
volver ao inicio
galeria
Coloca no noso logo
<a href="http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/index.php" target="_blank"> <img src="http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/img/logo_peque.gif" alt="elogo" width="120" height="106" border="0" /></a>

COMEZA EN SANTIAGO A ITINERANCIA DA COVA, O XOGO DAS PALABRAS ENCADEADAS NUNHA NOVA VERSIÓN ADAPTADA Á ERA DIXITAL

  • Esta instalación de última tecnoloxía percorrerá cinco cidades galegas, nas que convidará a todos os transeúntes a xogar coa lingua galega
  • A Cova suxire un percorrido que recrea o mito da caverna de Platón, e que servirá para elaborar unha cadea de palabras xigante entre todos os que xoguen

Santiago, 29 de outubro de 2008.- A Praza Roxa de Santiago de Compostela acolle desde hoxe e ata o vindeiro 2 de novembro, a instalación interactiva A Cova, unha iniciativa xurdida dentro da campaña “En galego tes todo por vivir. Tócache!”, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A Cova é unha instalación de última tecnoloxía que ofrece un percorrido no que se recrea o mito da caverna de Platón, e na que todas as persoas que o desexen poderán deixar as súas pegadas, o seu mundo das ideas, a través do xogo das palabras encadeadas. Unha das primeiras persoas en facelo foi a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, que hoxe se achegou ata a Praza Roxa de Santiago para participar no xogo.

Os novos recursos tecnolóxicos permitirán construír entre todos os participantes unha cadea xigante de palabras, para o que se contou coa base de datos do Vocabulario ortográfico da lingua galega (Volga), que asegura a corrección das palabras que se insiran na cadea.

Itinerancia
A Cova está indicada para todos os públicos, sen distinción de idade, que recibirán un agasallo pola súa participación. En Santiago, permanecerá desde hoxe ata o vindeiro 2 de novembro. Despois, a instalación trasladarase á Coruña, onde permanecerá os días 7, 8 e 9 de novembro nos Xardíns de Méndez Núñez. Os días 14, 15 e 16 de novembro, o Parque do Barbaña, en Ourense, acollerá esta actividade interactiva, e os vindeiros 21, 22 e 23 será a rúa Urzáiz de Vigo o novo enderezo da Cova. Por último, a Praza Nova de Lugo acollerá esta instalación interactiva os días 28, 29 e 30 de novembro.

...........................................................................................................




Festa dos Axóuxeres 2008

Santiago, 2 de setembro de 2008.- As primeiras palabras que pronunciamos son a chave para abrir unha porta cara a nosa lingua e a nosa cultura. As Festas dos Axóuxeres son un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia. Celébranse no mes de setembro e a entrada é de balde.

Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que o galego siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres.

Axóuxeres é un espectáculo de palabras, arrolos, música, poesía, teatro…, un encontro para festexar a lingua galega.

Datas das Festas dos Axóuxeres 2008

...........................................................................................................

Encontros dos axóuxeres


O XOGO DAS PALABRAS ENCADEADAS DÁ PÉ Á NOVA CAMPAÑA DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA PARA A PROMOCIÓN SOCIAL DA LINGUA GALEGA

Santiago, 3 de xullo de 2008

Ler máis

 Santiago
 A Coruña