titular benvidos
volver ao inicio
galeria
Coloca no noso logo
<a href="http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/index.php" target="_blank"> <img src="http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/img/logo_peque.gif" alt="elogo" width="120" height="106" border="0" /></a>
OLA!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística aposta pola promoción do galego dende a rede para achegarnos con facilidade a todos e a todas vós, espallados por Galicia ou asentados en calquera parte do mundo, unidos na curiosidade de visitar e compartir este espazo virtual para poñer en valor a contemporaneidade, a utilidade, a expresividade e a vitalidade da lingua galega e, sobre todo, para compartir o seu uso. Nesta ocasión as palabras, o material de construción da nosa lingua, serán as protagonistas. Desta volta imos convivir coas palabras, imos prendelas, apreixalas, rotalas, fotografalas, encadealas, gravalas en vídeo... Imos usar as palabras, as moléculas do galego, para afrontar todo iso que temos por percorrer, por inventar, por vivir, por aprender, por transmitir. E logo! En galego, temos todo por vivir.

...................................................................................................



"A Xincana!"

Apetéceche participar nunha xincana? Anímate, a diversión está asegurada. Bótalle unha ollada ás bases e xa verás que fácil é participar na maior aventura que podes vivir este ano co galego por bandeira.

...................................................................................................

As mellores saídas dos máis pequenos e pequenas teñen premio: invención de palabras, interpretacións libres das cousas, respostas sorprendentes, preguntas incontestables... as "anénotas" que nos abraian cada día.

Resultaron premiados cun lote infantil (libros, música e películas):

ANDREA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

BELÉN GARCÍA SABIO

MANUEL FERNÁNDEZ RAMOS

FERNANDA MARTÍN SALAS

MERCEDES GARRIDO ANDRÉS

JUNO MARTÍNEZ LAGO

MARIA JESUS SÁNCHEZ GARCIA

LAURA M. FERNÁNDEZ SÁNCHEZ

MARÍA BLANCA PAVÓN ESTÉVEZ

REBECA LOSADA ABUÍN

Podedes seguir enviando as vosas "anénotas" fóra de concurso!


A Coruña Ourense Vigo Lugo Santiago