En galego, tes todo por dicir.
Liñas de cores para cambio de cor Elixe a túa cor.Elixe a túa cor.Elixe a túa cor.Elixe a túa cor.Elixe a túa cor.Elixe a túa cor.
ola!
Desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística agrádanos moito acollervos nestas páxinas da nova campaña que temos en marcha para a promoción do galego.
A rede permítenos achegarnos con facilidade a todos e a todas vós, espallados por Galicia ou asentados en calquera parte do mundo, unidos na curiosidade de visitar e compartir este espazo virtual para poñer en valor a contemporaneidade, a utilidade, a expresividade e a vitalidade da lingua galega.
Temos todo por diante e ímolo emprender sen complexos en galego. Estamos nun mundo global no que a diversidade das linguas e das identidades son unha riqueza que compartir. Temos todo por aprender, por percorrer, por inventar, por vivir, por transmitir.
E logo! En galego, temos todo por dicir.
Xunta de Galicia, Presidencia, Secretaria Xeral de Política Lingüistica