elogo

Datas dos Encontros dos Axóuxeres

Coa idea de animar os pais e as nais a transmitiren a lingua aos fillos desde que nacen, ponse en marcha a iniciativa Encontros dos Axóuxeres para bebés en familia, que se desenvolve en distintas localidades de toda Galicia durante o mes de setembro.  

Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que o galego siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres.

setembro 2008

DATA

LUGAR

ESPAZO

HORA

sábado, 6

Lugo

Praza da horta do Seminario

12:00

domingo, 7

A Coruña

Explanada do Pavillón de Riazor

12:00

sábado, 13

Ourense

Parque Barbaña

12:00

domingo, 14

Vigo

Praza do Rei

12:00

sábado, 20

Santiago

Miradoiro da Alameda

12:00