elogo

TODO POR DICIR NO CULTUR.GAL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística leva a súa mensaxe de campaña á Feira do Libro e da Industria Cultural, que desde hoxe e ata o domingo reunirá en Pontevedra a todos os axentes do sector do libro, a música, o audiovisual e as tecnoloxías da información.

Pontevedra, 10 de maio de 2007 A Secretaría Xeral de Política Lingüística participa na primeira edición da Feira do Libro e da Industria Cultural, Cultur.gal, que desde hoxe e ata o día 13 de maio reunirá en Pontevedra a representantes do libro, a música, o audiovisual e as tecnoloxías da información. En definitiva, reúnense todos os axentes da industria cultural do país para darlle a coñecer a toda a sociedade a variada e rica oferta cultural que existe en Galicia, e en galego.

En galego, tes todo por dicir, a mensaxe de campaña de Política Lingüística, resume perfectamente o espírito desta iniciativa, por iso quixemos estar presentes no Cultur.gal con esta mensaxe e con distintos materiais e actividades de entretemento e diversión.

Por iso vos convidamos a participar na feira e a visitar o noso expositor. E logo!