En galego, tes todo por dicir.
Liñas de cores para cambio de cor Elixe a túa cor.Elixe a túa cor.Elixe a túa cor.Elixe a túa cor.Elixe a túa cor.Elixe a túa cor.
novas

MÚSICA E DIVERSIÓN PARA PAIS E BEBÉS

  • Unha ducia de carriños aparcados na planta baixa da Casa da Cultura de Boiro auguraba unha mañá entretida para moitos bebés e mais para os seus pais. Arriba, no salón principal do edificio, todo estaba preparado. As butacas, completamente baleiras, contemplaban como sobre o escenario había varias mantas de cores, uns pequenos sofás e algún que outro boneco de peluche que non tardaría en atopar refuxio entre as mans dos pequenos.

máis información

................................................................................

“COUSAS PARA SAÍRES DUN APURO”, NOVA INICIATIVA PARA FOMENTAR O GALEGO ENTRE A POBOACIÓN UNIVERSITARIA DOS SETE CAMPUS

  • A Secretaría Xeral de Política Lingüística leva un expositor aos campus galegos con información e recursos de utilidade para achegar o galego á xente nova
  • Desde o vindeiro luns 19 os materiais distribuiranse nas proximidades dos campus e escolas universitarias

Santiago, 17 de novembro de 2007. Os estudantes universitarios dos sete campus galegos recibirán materiais útiles e información de interese sobre o galego grazas...

máis información

................................................................................

OS ENCONTROS DOS AXÓUXERES CHEGAN ESTA FIN DE SEMANA ÁS VILAS LUGUESAS DE SARRIA, CHANTADA E BURELA

  • Uxía será a encargada de levar a música e a voz en galego aos bebés, papás e mamás destas localidades, para favorecer a transmisión familiar da lingua


Santiago, 15 de novembro de 2007.- Os Encontros dos Axóuxeres chegan esta fin de semana á provincia de Lugo. Sarria, Chantada e Burela acollen o venres, o sábado e o domingo esta cita coa palabra cantada ...

máis información

................................................................................

GRANDE ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE EPITAFIOS EN LINGUA GALEGA NA REDE A TRAVÉS DA WEB WWW.GALEGOELOGO.COM
  • A páxina web da campaña En galego tes todo por dicir. E logo! recibiu máis de 150 epitafios nunha semana de concurso
  • A orixinalidade, o humor e a retranca están presentes nas diferentes propostas creativas dos internautas
  • Os participantes reciben a súa creación en formato de fondo de pantalla para o teléfono móbil


Santiago, 10 de novembro de 2007.- O concurso de epitafios en galego, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través da páxina web da campaña En galego, tes todo por dicir. E logo! está a ter unha elevada participación ...

máis información

................................................................................

A CREATIVIDADE E A RETRANCA TERÁN PREMIO NA NOVA INICIATIVA DE PARTICIPACIÓN PROMOVIDA NA REDE POR GALEGOELOGO.COM
  • Durante o mes de novembro, a páxina web da campaña En galego tes todo por dicir. E logo! expoñerá os epitafios máis orixinais e irónicos dos internautas
  • As persoas que participen recibirán a súa creación en formato de fondo de pantalla para o teléfono móbil


Santiago, 31 de outubro de 2007.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través da páxina web da campaña En galego, tes todo por dicir. E logo!, pon en marcha, durante o mes de novembro, unha nova iniciativa de participación ...

máis información

................................................................................

MÁIS DE 200 FOTOGRAFÍAS OPTAN AO PREMIO ENFOCA O GALEGO, CONVOCADO POR POLÍTICA LINGÜÍSTICA NA CAMPAÑA E LOGO!

  • Un xurado composto por especialistas do ámbito audiovisual, da literatura e da lingua elixirá a imaxe gañadora, cuxo autor recibirá unha cámara dixital
  • A finais de novembro expoñerase unha selección das mellores fotografías e farase entrega do recoñecemento á persoa gañadora

Santiago, 14 de outubro de 2007.- Un total de 228 fotografías concorren ao concurso Enfoca o galego,...

máis información

................................................................................

POLÍTICA LINGÜÍSTICA ORGANIZA ESTA FIN DE SEMANA NOS CENTROS COMERCIAIS ACTIVIDADES LÚDICAS PARA PROMOVER O USO DO GALEGO

  • A Secretaría Xeral de Política Lingüística leva un expositor aos centros comerciais para que as familias xoguen coas palabras e se acheguen ao amplo vocabulario da nosa lingua
  • Santiago, A Coruña, Vigo e Ourense serán os escenarios desta nova acción da campaña En galego tes todo por dicir, E logo! para a promoción do idioma
  • O centro comercial Área Central de Santiago acolle durante toda esta fin de semana esta iniciativa, que se desenvolverá ata o mes de outubro noutras superficies comerciais

Santiago, 15 de setembro de 2007.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha...

máis información

................................................................................

PRESÉNTASE A FESTA DOS AXÓUXERES PARA ANIMAR AS FAMILIAS A FALAR GALEGO

  • Música, maxia e xogos reunirán en espazos públicos de Santiago, Vigo e A Coruña a bebés, cativos e grandes
  • A secretaria xeral de Política Lingüística, acompañada dos artistas que participan neste evento, convidou as familias a sumarse á festa
  • A celebración, que terá lugar a semana que vén, continúa a liña de programación para favorecer a transmisión familiar da lingua galega

Santiago, 31 de agosto de 2007.- “A Festa dos Axóuxeres é a festa para celebrar ...

máis información

................................................................................

E LOGO!, NO FESTIVAL DE ORTIGUEIRA E NAS PRINCIPAIS CITAS MUSICAIS DESTE VERÁN EN GALICIA

  • Agasallos e materiais útiles para os asistentes aos concertos serán distribuídos nos máis importantes encontros musicais que se celebran nestas datas
  • Ademais do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, a campaña de promoción do galego quere chegar á xuventude que se dea cita no Festichán de Moaña, no Festigal de Santiago e no Noroeste Pop Rock da Coruña

Santiago, 06 de xullo de 2007.- En galego, tes todo por dicir. E logo! estará presente nas principais citas musicais deste verán en Galicia, co fin de achegarlle á mocidade unha mensaxe positiva e activa do uso da lingua galega.

Hoxe mesmo, distintos materiais da campaña deseñada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística serán distribuídos no Festival do Mundo Celta que se celebra estes días en Ortigueira. Mañá será a quenda do Festichán, que ten lugar en Moaña, e proximamente a campaña terá presenza no Festigal, en Santiago de Compostela, e no Noroeste Pop Rock, na Coruña.

Un dos obxectivos da campaña posta en marcha pola Secretaría Xeral de Política Lingüística é chegar ao sector de poboación da mocidade, e especificamente ao seu lecer, un tempo para a diversión e para as relacións interpersoais que supón un reto para gañar novos espazos de uso.

Entre outros agasallos, distribuiranse camisetas da campaña e almofadas inchables para os mozos e as mozas que acampen durante os días que duren os concertos, ademais de adhesivos, chapas e outros produtos promocionais.

................................................................................

NACE A XERACIÓN E LOGO!, PARA FORTALECER A TRANSMISIÓN DA LINGUA GALEGA ENTRE OS PAIS E AS NAIS E OS SEUS CATIVOS

  • Marisol López presentou hoxe os materiais cos que se vai agasallar a todas as nais de Galicia para favorecer a súa comunicación en galego cos fillos
  • Consellos, música para o berce, recitativos e un caderno da xestación son algúns dos produtos que forman parte desta iniciativa, a primeira destas características que vai chegar a todas as mulleres embarazadas a través do Servizo Galego de Saúde
  • A secretaria xeral explicou que “os bebés determinarán a fortaleza do galego de mañá, e os pais e as nais son os axentes principais na transmisión inicial da lingua”

Santiago, 29 de maio de 2007. Recuperar a transmisión familiar da lingua galega .....

máis información

................................................................................


TODO POR DICIR NO CULTUR.GAL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística leva a súa mensaxe de campaña á Feira do Libro e da Industria Cultural, que desde hoxe e ata o domingo reunirá en Pontevedra a todos os axentes do sector do libro, a música, o audiovisual e as tecnoloxías da información.

Pontevedra, 10 de maio de 2007 A Secretaría Xeral de Política Lingüística participa na primeira edición.......

máis información

................................................................................

EN GALEGO, TES TODO POR DICIR, NOVA CAMPAÑA DE POLÍTICA LINGüÍSTICA PARA PROMOVER A LINGUA PROPIA EN TODA A SOCIEDADE

Marisol López presentou hoxe a primeira campaña global impulsada pola Administración autonómica para promover unha visión positiva do uso do galego destinada a toda a sociedade

A nova mensaxe terá presenza nos medios de comunicación e nas vilas e cidades durante todo o ano, con accións específicas para cada sector

Santiago, 22 de xaneiro de 2007.

En galego, tes todo por dicir é o lema da nova campaña da Secretaría Xeral de Política Lingüística que, ......

máis información
Xunta de Galicia, Presidencia, Secretaria Xeral de Política Lingüistica