titular benvidos
voltar o inicio
galeria
OLA!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística aposta pola promoción do galego dende a rede para achegarnos con facilidade a todos e a todas vós, espallados por Galicia ou asentados en calquera parte do mundo, unidos na curiosidade de visitar e compartir este espazo virtual para poñer en valor a contemporaneidade, a utilidade, a expresividade e a vitalidade da lingua galega e, sobre todo, para compartir o seu uso. Nesta ocasión as palabras, o material de construción da nosa lingua, serán as protagonistas. Desta volta imos convivir coas palabras, imos prendelas, apreixalas, rotalas, fotografalas, encadealas, gravalas en vídeo... Imos usar as palabras, as moléculas do galego, para afrontar todo iso que temos por percorrer, por inventar, por vivir, por aprender, por transmitir. E logo! En galego, temos todo por vivir.